Nace o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
A Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos formalizaron o pasado 14 de agosto un protocolo de programación polo que ambas institucións acordaron colaborar conxuntamente na difusión e posta en valor do legado teatral do escritor chairego.
A Deputación da Coruña colaborará na difusión da obra teatral de Manuel María. A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, rubricaron o pasado 14 de agosto un protocolo de colaboración que ten por obxecto afondar e divulgar a grande cantidade de obras teatrais que deixou escritas Manuel María. O documento asinado está maña na sede da institución provincial, establece a creación do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Un concurso que, dirixido ás compañías profesionais do mundo do Teatro e dotado cun premio de 2.000 euros, premiará a mellor proposta escénica dalgunha das 36 pezas dramáticas que deixou escritas o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016.