A miña lingua en 43 concellos

O galego a miña lingua
Presentación esta mañá da campaña 'O galego: a miña lingua'.

A Deputación anima á mocidade a usar o noso idioma coa campaña “O galego: a miña lingua”, dirixida a mozas e mozos de 13 a 17 anos.

A miña lingua en 43 concellos

As poetas Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, as contadoras Paula Carballeira ou Aldaolado; Xurxo Souto, MJ Pérez, García MC, Davide Salvado, Monoulious Dop ou Laura Romero do mundo da música;  Irene Lourido ou María Yáñez do xornalismo e novas tecnoloxías e Sokram e Mou do graffiti forman parte da ampla nómina de participantes na campaña O galego: a miña lingua.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Normalización linguística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, presentou esta mañá en rolda de prensa unha nova iniciativa que pretende “sensibilizar e achegar referentes á poboación adolescente no uso do galego” pois, segundo anotou, “é nestas idades cando se poden modificar actitudes e comportamentos lingüísticos das persoas. O importante é reforzar a condición de lingua propia do galego”.

 

A nova proposta da Deputación da Coruña botará a andar o vindeiro día 7 de maio dirixida ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. A campaña de promoción lingüística visitará durante o presente ano os centros de ensino secundario dos concellos de A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

A miña lingua en 43 concellos