María Muíño anima a alumnas e alumnos de ESO a celebrar os logros do feminismo na súa intervención no V Congreso Escolar polas Igualdades

Muíño, durante a súa intervención no congreso, hoxe en Ordes
Muíño, durante a súa intervención no congreso, hoxe na Cidade da Cultura
A deputada provincial de Igualdade falou da necesidade de coñecer a importancia da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade cada vez máis xusta e máis igualitaria en dereitos reais. Neste contexto, salientou que tamén é necesario coñecer a situación real a día de hoxe e que, atendendo aos datos estatísticos, “aínda queda moito por facer” en cuestións relacionadas coa fenda salarial entre mulleres e homes, no desenvolvemeto das carreiras profesionais das mulleres ou en materia de conciliación laboral e familiar. 
María Muíño anima a alumnas e alumnos de ESO a celebrar os logros do feminismo na súa intervención no V Congreso Escolar polas Igualdades

A deputada provincial de Igualdade, María Muíño, participou esta mañá no V Congreso Escolar polas Igualdades onde convidou ao alumnado a “celebrar os logros do feminismo que nos permiten a día de hoxe ter dereitos acadados”. A cita, que tivo lugar na Cidade da Cultura, está organizada polo IES Maruxa Mallo de Ordes e contou coa asitencia de preto de 300 alumnas e alumnos da ESO.

Durante a súa intervención, Muíño falou da necesidade de coñecer a importancia da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade cada vez máis xusta e máis igualitaria en dereitos reais. Neste contexto, a deputada indicou que tamén é necesario coñecer a situación real a día de hoxe, e que atendendo aos datos estatísticos “aínda queda moito por facer” en cuestións relacionadas coa fenda salarial entre mulleres e homes, no desenvolvemeto das carreiras profesionais das mulleres ou en materia de conciliación laboral e familiar. 

Ademais de convidar á reflexión, Muíño felicitou a todo o alumnado participante por asumir a responsabilidade e compromiso de organizar este Congreso escolar e avogou pola “importancia da pedagoxía en igualdade e de educar na reflexión e na capacidade crítica sobre o comportamento que cada unha e cada un de nós debemos ter para avanzar cara a igualdade real”. 

A organización deste congreso é unha das actividades que promove o IES Maruxa Mallo coa finalidade de promover unha educación transversal e integradora a todos os niveis. Precisamente é o alumnado o que asume a responsabilidade e o compromiso da súa planificación, organización e desenvolvmento.

María Muíño anima a alumnas e alumnos de ESO a celebrar os logros do feminismo na súa intervención no V Congreso Escolar polas Igualdades