Máis de 160 entidades sen fin de lucro serán beneficiarias das liñas de axuda FOAXE e FOIE

Ánxela Franco e Carolina Buhigas esta mañá durante a presentación
Ánxela Franco e Carolina Buhigas.

A Deputación apoia con máis de 1’5 millóns de euros ás entidades de servizos sociais.

Máis de 160 entidades sen fin de lucro serán beneficiarias das liñas de axuda FOAXE e FOIE

A área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, vén de publicar a concesión provisional de axudas dos programas (FOAXE e FOIE), que teñen por obxecto apoiar ás entidades sen fin de lucro que desenvolvan programas de servizos sociais durante o presente ano. A institución provincial destinará 994.225 euros ao mantemento destas programacións, e tamén financiará con 524.778 euros os investimentos de mellora que realicen as entidades.

 

A deputada e responsable da área de Benestar Social, Ánxela Franco, subliñou que estas axudas representan "o mellor dos investimentos" que se poden realizar desde unha institución coma Deputación, pois "dotar de novos recursos e optimizar os servizos que prestan estas entidades repercute dun xeito significativo no benestar de toda a sociedade".

 

Un total de 165 entidades sen fin de lucro serán as beneficiarias dos 1.519.003 euros, que suman as dúas liñas de subvención cos que a Deputación da Coruña apoiará o labor das fundacións e asociacións do ámbito social da Coruña.

 

FOAXE: http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/08/28/2018_0000006342.pdf

FOIE: http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/08/28/2018_0000006344.pdf

Máis de 160 entidades sen fin de lucro serán beneficiarias das liñas de axuda FOAXE e FOIE