Nace o proxecto para o Parque Compostela Rupestre
A Deputación destinará 500.000 euros que reverterán na mellora e promoción do patrimonio rupestre do territorio.
A Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra asinaron onte o convenio de colaboración que dará luz verde á creación do Parque Compostela Rupestre. A vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei e o deputado de Plans, Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira en representación da Deputación da Coruña, o alcalde e o tenente de alcalde de Ames, José Miñones e David Santomil; o alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira; a tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas; o concelleiro de Santiago, Jorge Duarte e a de Teo, Pilar Pérez, participaron no acto en que se asinou o convenio que contempla a constitución dunha comunidade intermunicipal para a xestión do Parque Compostela Rupestre.
O convenio establece a cooperación entre os cinco concellos, coa participación da Deputación da Coruña co fin de agrupar os medios materiais e recursos económicos a fin de promover e xestionar de forma conxunta o proxecto de promoción e posta en valor da arte rupestre do territorio comprendido nos cinco municipios. O convenio ten vixencia por catro anos, prorrogábeis a outros catro, e a Deputación da Coruña fai para o seu desenvolvemento unha achega económica xa consignada nos orzamentos de 500.000 euros.
Información en El Correo Gallego: