Goretti Sanmartín propón destinar o Pazo de Meirás a Centro da Memoria

Xavier Ferreira e Goretti Sanmartín durante a presentación á prensa do informe xurídico sobre o Pazo de Meirás
Xabier Ferreira e Goretti Sanmartín durante a presentación do informe xurídico sobre o Pazo de Meirás en febreiro pasado.

A Deputación da Coruña trasládalle ao director xeral da Memoria Histórica a urxencia de recuperar o Pazo de Meirás.

Goretti Sanmartín propón destinar o Pazo de Meirás a Centro da Memoria

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, mantivo un primeiro contacto co director xeral da Memoria Histórica do goberno central, Fernando Martínez López, para transmitirlle os acordos da Xunta pola Devolución do Pazo de Meirás e a necesidade de recuperar o inmóbel para o patrimonio público. O director xeral, Fernando Martínez López comprometeuse a estudar o informe e a incluír o pazo de Meirás na axenda do departamento.

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña propón que o Pazo, pódese converter na sede do Centro da Memoria unha vez pase a formar parte do patrimonio público. Este será, segundo a vicepresidenta da Deputación, un dos puntos que se traten na vindeira Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás en que, ademais, se valorarán os avances feitos para iniciar as accións legais para recuperar o Pazo.

Goretti Sanmartín propón destinar o Pazo de Meirás a Centro da Memoria