Dorothé Schubert e Luz Fandiño, entre as protagonistas dos proxectos Luisa Villalta
"Na segunda edición, son xa 49 os proxectos presentados a esta convocatoria que supón unha iniciativa de especial valor para contribuír á igualdade e á eliminación do machismo desde a cultura", sinala Goretti Sanmartín.
As áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña apoian dez proxectos cun orzamento que supera os 177.000 euros a través da segunda convocatoria do Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade. Documentais, proxectos para a difusión de pioneiras en ámbitos como o científico ou o musical e mesmo unha serie de youtube sobre sexualidade son algunhas das ideas que reciben apoio da Deputación da Coruña a través da segunda edición desta iniciativa.
PROXECTOS
Illa Bufarda S.C
S.E.X. Moito máis que unha serie sobre sexualidade
20.000,00 euros
Coop4equality Proyectos de Innovación Social
Mulleres que lideran o mar
19.602,00
Nós, Produtora Cinematográfica galega
Nación, un sitio onde pousar a cabeza
20.000,00
Dimelab, S. L
Ti decides: vidas interactivas
20.000,00
Alejandro Gándara Porteiro
Dorothé na Vila
20.000,00
Cósmica Producións S.L.
Luz Fandiño, a poeta analfabeta
20.000,00
Arabias S. Coop. Galega
EspadELA: escola de empoderamento para mulleres do medio rural
17.812,41
Baía Edicións A Coruña S.L.
Ferreñas e rock and roll. Anecdotario sobre músicas galegas
13.947,80
Estíbaliz Espinosa
Curiosas na lúa: cultura científica con pegada e voz de muller
6.050,00
Redrum Produccións S.L.
Invisibles
20.000,00