O FUTURO DO TEATRO COLÓN

A Deputación reserva 30 días de programación no Colón tralo convenio co IMCE

Goretti Sanmartín, con Ferreiro e Sande, alcalde e concelleiro de Cuturas da Coruña
Goretti Sanmartín, con Ferreiro e Sande, alcalde e concelleiro de Cuturas da Coruña.

O Concello da Coruña, a través do IMCE, xestionará a programación do Teatro Colón a partir do vindeiro 2 de xullo segundo consta no convenio de colaboración asinado hoxe.

A Deputación reserva 30 días de programación no Colón tralo convenio co IMCE

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a xestión do Teatro Colón. O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) xestionará durante dous anos -prorrogábeis dous máis- do espazo cultural da Deputación da Coruña que se reserva trinta días de programación.

 

Segundo o convenio, a Deputación da Coruña participará na Comisión de Seguimento do Teatro Colón e resérvase o uso de 30 días de programación que destinará, principalmente, a producións propias e cesión a entidades e concellos. "A xestión dun teatro como o Colón ten que ser municipal polo que non era lóxico que unha Deputación se encargase da súa planificación. Con este convenio cumprimos un compromiso electoral e un dos obxectivos do goberno e contribuímos a que exista maior coordinación entre os distintos centros culturais da cidade", apuntou Goretti Sanmartín na súa intervención.

A Deputación reserva 30 días de programación no Colón tralo convenio co IMCE