A Deputación destina 758.000 euros ás escolas de danza, conservatorios, museos e centros de interpretación dos concellos
A liña de subvencións FO207 achega 358.774 euros; e a FO216 outros 400.000 euros.
.
A liña de subvencións para centros de formación municipais nos ámbitos da música e a danza da Deputación da Coruña apoiará o funcionamento de 31 centros en 29 concellos da provincia que solicitaron subvención a través da liña de concorrencia competitiva.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que dende a institución "consideramos fundamental manter e reforzar o apoio a centros que son fundamentais para a formación en materia artística e para facilitar o acceso a poboación dos concellos". Detacou tamén que as esclas e conservatorios "ademais da función dinamizadora que realizan tamén son un garante para o futuro da nosa cultura, ao seren centros de onde saen artistas do mañá".
Xunto coa liña de apoio ás escolas de música e danza municipais, a área de Cultura da Deputación da Coruña vén de resolver a concesión de axudas do programa de subvencións FO216, cuxo obxectivo é financiar a contratación de persoal técnico nos museos e centros de interpretación, e da que neste 2018, se beneficiarán un total de 40 entidades municipais da Coruña.