A Deputación trasladará ao Ministerio de Presidencia a reclamación para recuperar Meirás

Carlos Babío, autor do estudo sobre o espolio de Meirás que se presentará en breve, entre os asistentes
Presentación dos informes sobre Meirás na Deputación.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, anunciou que continúan abertas as vías de reclamación xudicial do Pazo de Meirás, despois de se coñecer a resposta de Patrimonio Nacional.

A Deputación trasladará ao Ministerio de Presidencia a reclamación para recuperar Meirás

O informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña abría a porta á recuperación do Pazo de Meirás e puña o foco en Patrimonio Nacional como suxeito con opcións para se presentar no proceso de recuperación. A pesar da argumentación exposta, a resposta de Patrimonio Nacional anuncia que non se atopa “lexitimado para a súa reivindicación”.

 

Patrimonio Nacional pediu á Avogacía do Estado que se pronunciase. O Estado recoñece que o Pazo de Meirás foi unha das dúas residencias oficiais de verán do daquela Xefe do Estado desde 1941 a 1975 mais “ao non ter sido nunca propiedade do Estado, nin puido nin pode integrarse no Patrimonio Nacional”. “Na súa virtude, o Consello de Administración da Entidade non se atopa lexitimado para a súa reivindicación”, conclúe a carta remitida de volta á vicepresidencia da Deputación da Coruña co informe xurídico adxunto.

 

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás considera na súa avaliación do comunicado que Patrimonio Nacional responde “de maneira política e, elude responsabilidades ao tempo que considera que o Pazo de Meirás foi “residencia oficial” do Xefe do Estado”. En xuntanza desenvolvida este onte a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín anunciou a continuidade da vía xurídica e a solicitude dunha xuntanza co Ministerio de Presidencia co fin de “esgotar todas as vías” até conseguir o obxectivo.

A Deputación trasladará ao Ministerio de Presidencia a reclamación para recuperar Meirás