A Deputación achega 60.000 euros para espazos de acollida e de inserción de CASCO na Coruña

Ánxela Franco coa presidenta de CASCO, Celsa Díaz Cabanela.
Ánxela Franco coa presidenta de CASCO, Celsa Díaz Cabanela.

Ánxela Franco asina un convenio de colaboración co Comité Cidadán Anti-Sida para o financiamento do programa. 

A Deputación achega 60.000 euros para espazos de acollida e de inserción de CASCO na Coruña

A área de Benestar Social da Deputación e o Comité Cidadán Anti-Sida da Coruña (CASCO) colaboraron para o mantemento de dous pisos de acollida para atender a persoas seropositivas en situación de exclusión social. A Deputación achega mediante un convenio 60.000 € ao financiamento do programa. A deputada de Benestar Social, Ánxela Franco e a presidenta do Comité Cidadá Anti-Sida da Coruña, Celsa Díaz Cabanela, asinaron o convenio de colaboración este luns. 

 

Ánxela Franco destacou o "labor que desenvolve a asociación Casco na loita contra a discriminación e a súa contribución á hora de apoiar a persoas seropositivas que, a pesar do paso do tempo, continúan a precisar equipamentos como os que esta entidade ofrece". 

A Deputación achega 60.000 euros para espazos de acollida e de inserción de CASCO na Coruña