“Datos e contas-Date de conta” proporciona a base para intervir na educación contra a violencia de xénero

Servizos sociais e igualdade 2
Presentación do programa 'Rede de Concellos para o Benestar'.

A Deputación publica un informe en que se detalla a percepción da mocidade sobre esta cuestión no que participaron máis de 1.000 alumnas e alumnos de 14 centros educativos da provincia.

“Datos e contas-Date de conta” proporciona a base para intervir na educación contra a violencia de xénero

As mozas e mozos de 3º e 4º da ESO -o 48% dos rapaces e o 41% das rapazas- consideran que os ciumes son un síntoma de afecto cara a parella; ou que, estar namorado ou namorada, implica compracer en todo á parella. O 58% dos rapaces non perciben como algo negativo o feito de difundir imaxes, vídeos ou conversas da parella sen consentimento a través da internet ou das aplicacións de mensaxería, e tampouco consideran  como algo nocivo -o 27% dos rapaces e o 19% das rapazas- o empurrar á parella no transcurso dunha lea.

 

Son datos do informe Datos e contas-Date de conta, elaborado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña en base a unha mostra de máis de 1.000 alumnas e alumnos de 14 centros educativos da provincia. A deputada Ánxela Franco defende que o informe deixa claro "que a educación é a mellor ferramenta contra a violencia machista". Ánxela Franco sinalou esta mañá que os datos que achegaron as rapazas e rapaces neste informe "son dunha grande valía na procura de atopar unha solución a un problema que afecta ao conxunto da sociedade", e engadiu que "nestas idades a educación resulta unha ferramenta fundamental para atallar e previr posibles comportamentos violentos e sexistas entre a poboación máis nova".

“Datos e contas-Date de conta” proporciona a base para intervir na educación contra a violencia de xénero