Cultura publica as bases de oito liñas de subvencións

Goretti Sanmartín, responsábel de Cultura
Goretti Sanmartín, responsábel de Cultura da Deputación.

A Deputación destina tres millóns de euros ao tecido cultural da provincia, seis das liñas están dirixidas a entidades sen ánimo de lucro.

Cultura publica as bases de oito liñas de subvencións

Oito liñas de subvencións con tres millóns de orzamento é o resumo das bases das novas convocatorias publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña [ver as bases] cos que a área de Cultura da Deputación dinamiza o tecido cultural do territorio dos concellos, de maneira especial, da actividade das asociacións do sector.

 

O prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 15 de febreiro. Ás estas liñas agora publicadas sumaranse en breve ás que teñen como obxectivo a contratación de persoal técnico por parte dos concellos  de xestión cultural, animación sociocultural e museos e centros de interpretación e as creadas no pasado ano para empresas que presenten proxectos culturais singulares e de contidos audiovisuais en lingua galega.

 

"O mapa das liñas de axuda en concorrencia competitiva debuxa o impulso da área de Cultura á dinamización e afortalamento do sector, de maneira especial, das entidades sen ánimo de lucro que optan a subvencións transparentes e con criterios obxectivos claros", destaca a vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

 

Destinado ao apoio de festivais, están reservados 500.000 euros para os organizados por entidades sen ánimo de lucro, e sumando 550.000 máis para os organizados polos concellos.

Cultura publica as bases de oito liñas de subvencións