A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, en escena

Ana Estévez e Pela del Álamo, con Goretti Sanmartín e Xabier Campos, onte na Deputación
Ana Estévez e Pela del Álamo, con Goretti Sanmartín e Xabier Campos, onte na Deputación.

Goretti Sanmartín expón o compromiso da Deputación da Coruña co sector audiovisual nunha xornada coa directiva de Proxecta.

A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, en escena

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, reuniuse con Ana Estévez e Pela del Álamo da directiva da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Proxecta, e expúxolles o decidido apoio ao sector audiovisual e aos festivais, en especial, a través das liñas de axuda en concorrencia competitiva que están agora abertas.

 

De maneira especial, Goretti Sanmartín referiuse na reunión coa directiva de Proxecta ás dúas liñas de axuda a festivais das que están abertos os prazos de presentación ás que a Deputación da Coruña destina un millón de euros. "Decidimos apoiar de maneira decidida os festivais tanto organizados por entidades como por concellos e, nese sentido, nos últimos anos a Deputación da Coruña púxose á fronte das institucións que contribúen á organización destes eventos que son, ao noso ver, fundamentais para a difusión da produción cultural e, de maneira especial, a audiovisual galega", explicou Goretti Sanmartín Rei na reunión con Ana Estévez e Pela del Álamo que tivo lugar na sede institucional da Coruña.

A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, en escena