Compostela, A Coruña, Ferrol, Ribeira e As Pontes acollen os cursos da UIMP
A Deputación e a Universidade Menéndez Pelayo colaboran na programación para o 2018 que comeza o 26 de maio.
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Emilio Lora-Tamayo, e o director da sede en Galicia da UIMP, Jaime Rodríguez-Arana, presentaron está mañá o programa de actividades formativas do curso 2018, que se desenvolverá durante os vindeiros meses nas localidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ribeira e As Pontes.
Goretti Sanmartín destacou o labor que desenvolve UIMP incidindo na “calidade, o rigor e a solidez científica” dos seus traballos. E subliñou “o carácter descentralizado” que terán os novos cursos da programados para o 2018, xa que, ademais de impartírense nas sedes que posúe a UIMP nas tres cidades da provincia, As Pontes e Ribeira tamén emprazarán algúns dos cursos desta universidade.
O programa (con datas inda por pechar) é o seguinte:
- ACTUALIZACIÓN E INNOVACIÓN DOCENTE NO ENSINO DA DANZA. Paula de Castro Fernández. A Coruña, 26 e 27 de maio (Conservatorio de Danza Deputación A Coruña)
- A ELABORACIÓN DE PLANS DE EMERXENCIA PARA CONCELLOS. APLICACIÓNS PRÁCTICAS. Roberto Lage. A Coruña, 4 e 5 de xuño. (Club Financeiro Atlántico)
- ORGANISMOS TERMÓFILOS: FONTE DE RECURSOS PARA A BIOTECNOLOXÍA DO SIGO XXI. Mª Isabel González Siso. A Coruña, 11 e 12 de xuño. (Club Financeiro Atlántico)
- HONRAS E DISTINCIÓNS NA ESPAÑA DO SÉCULO XXI. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Santiago de Compostela, 18 e 19 de xuño. (Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento)
- SOFÍA CASANOVA, CORRESPONDENTE DE GUERRA. NO CENTENARIO DA I GUERRA MUNDIAL. Antón M. Pazos. Santiago de Compostela, 25 e 26 de xuño. (Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento)
- PSICOLOXÍA FORENSE: COMO IDENTIFICAR A MENTIRA,A VERACIDADE,A CREDIBILIDADE E A SIMULACIÓN. Gualberto Buela Ribeira, 9 e 10 de xullo (Centro Cultural C/ Manuel Lustres Rivas, 20 2º).
- INTRODUCIÓN AO INGLÉS COMO MEDIO DE INSTRUCIÓN. Begoña Crespo. A Coruña, 16 e 18 de xullo. (Facultad de Filoloxía)
- O MEDIO EN GALICIA: NOVOS RETOS DE FUTURO. Francisco Peña. As Pontes, 30 e 31 de xullo.
- O OCÉANO ATLÁNTICO: UN ESCENARIO PARA A HISTORIA. Manuel Martín Bueno. A Coruña, 30 e 31 de xullo (Real Club Náutico da Coruña).
- HACÍA EL ASTILLERO 4.0 POLA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. Ángel Recamán Rivas. Ferrol, 15 e 16 de outubro. (EXPONAV -Arsenal de Ferrol)
- A DIFUSIÓN DA ÓPERA ITALIANA EN ESPAÑA: NICOLA SETARO. José Mª Paz Gago A Coruña, 15 e 16 de outubro (Real Club Náutico da Coruña)
- A ESTÉTICA FACIAL NO SÉCULO XXI: UN NOVO ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR. Mª Consuelo Cousido González. A Coruña, 26 e 27 de outubro (Colexio de Médicos da Coruña)
- MEDIACIÓN E XUSTIZA: EXPERIENCIAS, REALIDADES E PROPOSTAS DE FUTURO. Raquel Castillejo. A Coruña, 10 e 11 de decembro
- A CONSTITUCIÓN DE 1978: 40 ANOS. Javier Ruipérez Alamillo. A Coruña. (Data sen confirmar).