Cátedra de Dereito Local para a formación do persoal dos concellos

Xesús Soto, no centro, con Amoedo (a súa dereita na imaxe) e Sanz Larruga
Xesús Soto, no centro, con Amoedo (a súa dereita na imaxe) e Sanz Larruga.

O deputado Xesús Soto inaugurou o curso dirixido polos catedráticos Carlos Amoedo e Francisco Javier Sanz Larruga

Cátedra de Dereito Local para a formación do persoal dos concellos

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, inaugurou o curso da Cátedra de Dereito Local arredor dos dereitos e obrigas dos concellos arredor da nova normativa de protección de datos persoais. Con este curso de formación, a Deputación da Coruña quere contribuír á adaptación ás novidades arredor dun tema de especial sensibilidade na administración cunha acción formativa como as que se desenvolveron para a Lei de Contratos ou a de Espectáculos.

 

"As administracións están a recoller e tratar unha inxente cantidade de información persoal, necesaria para xestionar a prestación de servizos públicos que corresponden", sinalou o deputado Xesús Soto na súa intervención na que defendeu a necesidade de que ese conxunto de datos estea "correctamente protexido, xa que na maioría dos casos estamos manexando información que di moito máis dos seus titulares da que a priori nos puidese parecer".

 

O curso, organizado pola Cátedra de Dereito Local, impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración coa UDC , está dirixido polos catedráticos da UdC, Carlos Amoedo e Javier Sanz Larruga e busca facilitar a adecuación dos concellos ao novo regulamento europeo de protección de datos, que entrou en vigor o pasado 25 de maio e que afecta ao funcionamento das administracións locais.

 

O novo regulamento europeo afecta ao conxunto de entidades públicas e privadas da Unión Europea e será completada coa Lei Orgánica de Protección de Datos que se está a tramitar nas Cortes Xerais.

 

Na xornada, destinada a persoal das entidades locais, participaron especialistas como Víctor Salgado (avogado especialista en TIC), Iñigo Pintos e Teresa Regueiro, do bufete Pintos & Salgado, e Ramón Álvarez Veiras, técnico do Concello da Coruña.

Cátedra de Dereito Local para a formación do persoal dos concellos