Cinco bandas optan ao premio Fran Pérez 'Narf'

NARF
O xurado do premio reuniuse este mércores na Deputación.

As finalistas son Néboa, Su Garrido Pombo, Zumaque Trío, Oh! Ayatollha e A banda da Loba

Cinco bandas optan ao premio Fran Pérez 'Narf'

Néboa, Su Garrido Pombo, Zumaque Trío, Oh! Ayatollha e A banda da Loba son as cinco finalistas ao X Concurso Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña. A final celebrarase na segunda quincena de outubro nun concerto en que participarán os cinco grupos que foron seleccionados polo xurado profesional. 

 

O xurado composto por Brais Morán Mato, Isaac Gónzalez López, Mar Catarina Serantes, Xurxo Souto e a gañadora da anterior edición, Camille Hédouin, Mounqup, e presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, escolleu esta mañá as cinco bandas e artistas finalistas, entre as dezanove presentadas que competirán polo X premio Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña. 

Cinco bandas optan ao premio Fran Pérez 'Narf'