Aposta renovada polo turismo "de calidade"

dacturismo
Xosé Regueira (BNG), responsábel de turismo.

A Deputación da Coruña destina 750.000 euros a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos.

Aposta renovada polo turismo "de calidade"

"A Deputación da Coruña ten como obxectivo traballar de maneira cooperativa con concellos e entidades co obxectivo da mellora do sector turístico cunha oferta sustentábel e de calidade e, con esta liña, favorécese o traballo dos entes que están a operar no sector", sinalou o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira, respecto da decisión da área de Turismo da Deputación da Coruña de destinar un orzamento de 750.000 euros ao programa de subvencións para entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas. As entidades do sector poderán acadar unha axuda de 120.000 euros, até o 80% das actividades.

 

As bases da convocatoria para entidades de xestión pode consultarse na seguinte ligazón do BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/15/2019_0000000280.html

 

Na pasada edición, recibiron axuda a través desta liña de concorrencia competitiva entidades como o Consorcio de Turismos e Congresos da Coruña, o ente de Turismo de Santiago de Compostela, o Consorcio das Mariñas, a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a Asociación Muros Vila de Auga e Sal, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, a Asociación de Turismo da Costa da Morte, a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia ou as mancomunidades de concellos de Ferrol e a Ría Arousa-Norte.

Aposta renovada polo turismo "de calidade"