LEI DE BENESTAR ANIMAL

Acordo para promover un servizo de acollida de animais por toda a provincia

Pleno do 27 de xullo de 2018
Pleno do 27 de xullo de 2018.

A Deputación da Coruña, en colaboración e coordinadamente coa Xunta e os concellos, colaborará no cumprimento da Lei de benestar animal.

Acordo para promover un servizo de acollida de animais por toda a provincia

Co voto favorable de todas as formacións políticas, saíu adiante unha iniciativa encamiñada a velar polo cumprimento da Lei e benestar animal no pleno da Deputación da Coruña desta mañá. A moción insta a Xunta de Galicia a velar polo cumprimento da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía.

 

Desde a Deputación solicítaselle á Xunta de Galicia artellar, xunto cos concellos "un servizo de acollida de animais por toda a provincia", ao fin de acadar un servizo "máis eficaz e eficiente". O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Regueira, lamentou que “a Xunta lexisla pero non consigna os orzamentos necesarios para que esta lei se cumpra” e puxo o foco en que ”a primeira administración que debe axudar e velar polo cumprimento das lei,  é aquela que a desenvolve a lei".

 

"A Xunta de Galiza debe asumir as súas responsabilidades no cumprimento da lei, e máis tendo en conta de que esta lei se aprobou só cos votos favorabéis do PP", engadiu Regueira.

 

LEI 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Acordo para promover un servizo de acollida de animais por toda a provincia