servizos-sociais
NOVAS
Función social imprescindíbel para o benestar

Función social imprescindíbel para o benestar

Convocatorias para entidades de servizos sociais: 2 millóns e medio de euros. A área de Benestar Social publica as liñas para programas e servizos, mantemento de centros, investimentos e servizos sociosanitarios de entidades sen ánimo de lucro. 

Ler nova
VIDEO
Ánxela Franco presenta o plan de servizos sociais para os concellos

Ánxela Franco presenta o plan de servizos sociais para os concellos

Ánxela Franco presentou esta mañá na Deputación o plan de acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar". A responsábel da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, que estivo acompañada por Paula Filgueiras, técnica do departamento, e por Manuel Pérez, de Nova Works, a consultora encargada do estudo, dixo que "é imprescindíbel ter o coñecemento do que hai sobre o territorio" e aseguro que malia que a atención dos servicios sociais é unha competencia que a Xunta debera atender, o proxecto porá os datos "tanto das entidades prestadoras de servizos sociais coma no que é o eido público a disposición da Xunta". O investimento elévase a 83.000 euros. O plan estará listo nun ano.

Ler nova
NOVAS
Concellos+Sociais, Concellos+Iguais

Concellos+Sociais, Concellos+Iguais

A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación organiza este mércores e xoves unhas xornadas para membros das áreas de servizos sociais dos diferentes concellos.

Ler nova