As entidades de Servizos Sociais teñen até o 30 de abril para solicitar as subvencións

As entidades de Servizos Sociais, onte á reunión coa responsabel da área de Benestar Social, Ánxela Franco
As entidades de Servizos Sociais, onte á reunión con Ánxela Franco.

Ánxela Franco informa ás entidades sociais sobre as catro liñas de axuda ás que a súa área destina máis de dous millóns de euros.

As entidades de Servizos Sociais teñen até o 30 de abril para solicitar as subvencións

Máis dun cento de entidades de Servizos Sociais asistiron onte á reunión coa responsabel da área de Benestar Social da Deputación, Ánxela Franco, para  dar conta dos principais características das catro liñas de axudas que dispor´án un investimento de 2.200.000 euros este ano. Franco explicou que os trocos introducidos nas liñas de subvencións teñen por obxecto “acadar un reparto máis equitativo e xusto dos investimentos de acordo á realidade que presenta cada concello”. Neste sentido, a deputada do BNG lembrou que desde a súa área se está a traballar na elaboración de un plan de acción e outro de diagnose, ao fin de establecer novas políticas de Igualdade, definir medidas de actuación no eido dos servizos sociais, mellorar a asistencia técnica e axustar a distribución dos orzamentos ás necesidades reais. “Estes dous documentos marcarán unha nova pauta que contribuirá a coñecer a realidade dun xeito moito máis fiable”, apostilou Franco.

 

Pola súa parte, a técnica da área de Acción Social, Paula Filgueiras explicou os cambios que se produciron nas bases das convocatorias de subvencións ás que poden concorrer as entidades durante o 2018. Nomeadamente, Filgueiras estruturou a súa exposición de acordo ás liñas de axuda para o mantemento de Servizos Sociais FOAXE, de Políticas de Igualdade FOIO0A e o programa Sociosanitario FOCVAA, e por outra banda, a destinada a realización de  investimentos, FOIE. Filgueiras apuntou as condicións que teñen que cumprir as entidade de Servizos Sociais e Igualdade, cooperativas sen ánimo de lucro, os centros especiais de emprego e as Anpas e federacións de Anpas. 

 

Prazos e mínimos subvencionábeis
En canto aos prazos para concorrer as subvencións, poderanse presentar as xustificacións da FOAXE, FOIE, FOCVAA e FOIO0A até o 29 de abril, e que o prazo para formalizar as solicitudes das tres primeiras opcións rematá o vindeiro día 30. Pola contra, o período para solicitar a liña FOIO0A esténdese até o día 8 de maio ás 14:00 horas.

 

As bases da FOAXE establecen un mínimo subvencionable de 1.000 euros para este exercicio e mantense a cantidade máxima nos 60.000 euros. Unha contía máxima idéntica á que presenta a liña de investimentos de servizos Sociais (FOIE). Pola súa banda, a FOIO0A e a FOCVAA establecen un baremo de axudas de entre 1.000 e 40.000 para o mantemento de políticas de Igualdade de Xénero. 

 

Ligazóns ás liñas de subvencións:

FOAXE (MANTEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001912.pdf

FOCVAA (PROGRAMA SOCIOSANITARIOS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001915.pdf

FOIE (INVESTIMENTO EN SERVIZOS SOCIAIS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001914.pdf

FOIO0A (POLÍTICAS DE IGUALDADE E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/28/2018_0000002351.pdf

 

As entidades de Servizos Sociais teñen até o 30 de abril para solicitar as subvencións