Espazos Sonoros
Novas
Xosé Penas, na presentación do recital de La Grande Chapelle, hoxe no Teatro Colón

Xosé Penas: «O festival Espazos Sonoros é claro exemplo da obriga que contraeu o BNG de pensar outros xeitos de facer cultura e de poñer en valor o patrimonio provincial»

«Hoxe comeza aquí un festival no que se fala de música e de patrimonio, pero que se converte nun eixo sensitivo e transversal que vai dende o eido social do territorio para primar a proximidade e a universalidade dun país que é único e poucas veces valorado; unha viaxe que pon en valor a nosa historia, a nosa economía e o noso turismo e que confirma que estamos diante dun ciclo de excepcional calidade», salientou Penas na presentación do concerto inaugural do ciclo organizado polo seu departamento.
Ler novas