Novas
Xosé Regueira e María Muíño poñen en valor o traballo do grupo provincial do BNG para situar a Cabanas "no mapa do turismo consciente e responsable"
20/abr./2023
O vicepresidente provincial e responsable de Turismo e a deputada de Igualdade acompañaron ao alcalde de Cabanas, Iago Varela, nunha visita para contrastar de primeira man a evolución de proxectos e iniciativas que se levan realizado nos últimos anos neste concello.