Convócase por sétimo ano consecutivo o Concurso de guións contra a violencia de Xénero e o Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero 2020.
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga.
Información web:
Bases:
http://https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/10/28/2020_0000007594.pdf
O Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero ten por obxecto deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:
A) Proxectos educativos en educación infantil
B) Proxectos educativos en educación primaria
C) Proxectos educativos en educación secundaria
Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.
Información web:
http://https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/10/28/2020_0000007596.pdf
As convocatorias tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e será o centro o encargado de presentar a candidatura.
O prazo de presentación para as dúas convocatorias: 1 de decembro ás 14h.
Pódense consultar as bases completas de ambas no BOP nº 181 do 28 de outubro de 2020.