As áreas de Turismo, Cultura e Lingua suman forzas no Culturgal

culturgal
Goretti Sanmartín, na pasada edición do Culturgal.

A Deputación da Coruña asiste como entidade convidada á Feira de Industrias Culturais que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As áreas de Turismo, Cultura e Lingua suman forzas no Culturgal

"Ser entidade convidada ofrécenos a posibilidade de mostrar con maior forza a actividade que está a desenvolver a Deputación da Coruña e achegala ao público que é o protagonista do Culturgal", sinala a vicepresidenta e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín que quere mostrar tamén o seu apoio á organización da feira, "verdadeiro escaparate para a nosa cultura".  Pola súa parte, o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira, considera que "a colaboración especial desta nova edición no Culturgal é para nós unha oportunidade excepcional para mostrar a relevancia que a Cultura e o Turismo teñen na acción de goberno da Deputación da Coruña e achegar dunha maneira directa os nosos programas aos milleiros de persoas que cada ano se achegan á feira, por outra parte, un público interesado e con ganas de coñecer as novidades destes ámbitos". 

 

Ao longo dos tres días da feira, a Deputación da Coruña terá aberta no Espazo Arte unha exposición comisariada por Rosario Sarmiento con obra de vinte mulleres artistas da súa colección. 

 

Programa de Actos
 
Sábado 1

11: 00 - 12:00: Presentación da plataforma de préstamo dixital e do club de lectura dixital da Biblioteca da Deputación da Coruña. ESPAZO FORO.

12:00-12:30: Presentación dos Premios Torrente Ballester e Raíña Lupa da Deputación da Coruña. Goretti Sanmartín, Francisco Castro e Antonio Piñeiro. ESPAZO LIBRO.

12:30-13:00: Concerto cos grupos gañadores do Quero Cantar 2018 . ESPAZO CARPA.

12:00 /17:00/18:30: Obradoiros de Banda Deseñada. Bea Lema. Previa inscrición en info. da feira. AULAS.

18:00- 19:00: Proxección do documental "Tecido Resistente" de Marina Chiavegatto. SALÓN DE ACTOS. 

19:00-19:30: Conversa sobre políticas culturais para a Igualdade de xénero.  Goretti Sanmartín, Marina Chiavegatto e Silvia Seixas. ESPAZO FORO.

Domingo 2

17:30-18:15: Presentación do acto público artístico sobre a recuperación do Pazo de Meirás.  Goretti Sanmartín e Artur Trillo. ESPAZO FORO

As áreas de Turismo, Cultura e Lingua suman forzas no Culturgal