A área de Cultura destina 214.533 euros a iniciativas de especial relevancia cultural e social
Dezaoito proxectos culturais singulares ven a luz co impulso da Deputación da Coruña.
"Queriamos apoiar proxectos singulares, axudar a que iniciativas culturais de especial valor social, patriomonial ou creativo puidesen levarse a cabo", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, dunha iniciativa novidosa que completa o mapa de liñas de subvención en concorrencia competitiva incluíndo, por vez primeira a posibilidade de apoiar propostas presentadas por entidades lucrativas. "Son propostas que abordan desde a cultura contidos de carácter social, medioambiental, patrimonial ou comunitario e que teñen valor na construción dunha sociedade máis igualitaria e xusta ademais de beneficiar, dunha maneira ou outra, o ben común", explica Sanmartín.
Entidade |
Obxecto |
Concedido |
7H SOCIEDADE COOP GALEGA |
Mutacións Urbanas, visibilizando o invisible. |
10.230,00 |
AMARELAS PRODUCIONS, S.L. |
LIBERTO. Espectáculo de teatro social e música para educar en perspectiva de xénero á mocidade |
18.000,00 |
ANTAXURADA, S.L. |
Tesouros vivos |
5.822,60 |
ARTEDARDO, S.L. |
Que fai un creador no meu barrio? Proxecto de artes comunitarias e prácticas colaborativas |
12.000,00 |
BERROBAMBAN, S.L. |
ELAS PRESENTES Proposta integral para traballar a invisibilidade de muller ao longo da historia |
18.000,00 |
CREARTE SERVIZOS CULTURAIS, S.L. |
Festival Mar de Mares 2018 |
20.000,00 |
ESNATU ZINEMA, S.L. |
Longametraxe de ficción titulado "Arima" |
8.000,00 |
FILMIKA GALAIKA, S.L. |
Proxecto Todo é cárcere |
12.000,00 |
I.G.DOCUMENTACION, S.L. |
"De Mudanza, a historia das persoas" Cine & Investigación: longametraxe e repositorio documental, |
11.872,00 |
ILLA BUFARDA, S.C. |
Guión da longametraxe documental "O dentón" Unha historia sobre o caruncho do centeo |
6.758,40 |
MENDOZA FERNANDEZ, SABELA |
"De corpos presentes" Plataforma cultural das artes performativas |
5.835,00 |
MUSIC ARTE REY SAAVEDRA, S.C. |
MIP MUSICA INCLUSIVA E PARTICIPATIVA |
11.375,00 |
NOENTE PARADISE, S.L. |
Proxecto é-balle |
16.640,00 |
PISTA CATRO PRODUCTORA DE SOÑOS, S.L. |
Proxecto Orquestra de Malabares 4x4 Coruña |
8.000,00 |
RODRIGUEZ ALVITE, ROBERTO |
As tres caídas de María Santiso Un proxecto polo binomio muller-rural en Galicia |
10.000,00 |
SOCIALDOCS, S.L. |
PROXECTO «De Maior Creativ@- Deputación da Coruña¿» |
10.000,00 |
VILLAVERDE CARRERA, LAURA |
Proxecto Ursúas |
14.000,00 |
YAÑEZ ANLLO, MARIA |
VINTE 2018. Contidos dixitais para o lanzamento da revista VINTE |
16.000,00 |
|
|
|
|
TOTAL: |
214.533,00 € |