Novas
Sol Agra celebra a cultura de transmisión oral feita por mulleres na presentación, onte en Vimianzo, do "Cancioneiro Galego Serodio", de Xabier Díaz
14/maio/2025
«Estas Letras Galegas son especiales por moitas cousas: nas 63 edicións que levamos só foran homenaxeadas seis mulleres, pero este ano subimos a doce de vez», dixo a titular de Lingua en referencia ás seis cantareiras que representan o recoñecemento da RAG á poesía popular oral.