CONTRATACIÓN

O deputado do BNG, Xosé Luís Penas, explicou a persoal técnico e político as modificacións encamiñadas á dinamizar a economía e promover o emprego

Penas
Penas
Un cento de representantes dos concellos participaron en dúas reunións que mantivo o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, con persoal técnico e político
O deputado do BNG, Xosé Luís Penas, explicou a persoal técnico e político as modificacións encamiñadas á dinamizar a economía e promover o emprego

O deputado de Contratación, Xosé Luís Penas, explicou a un cento de representantes dos concellos que participaron nas dúas xuntanzas telemáticas que se desenvolveron esta mañá as novidades dos pregos de contratación que a Deputación da Coruña promoveu co fin contribuír á recuperación económica e a dinamización do emprego.

Os novos pregos de contratación da Deputación da Coruña teñen como obxectivo dinamizar a economía, promover a creación de emprego -de maneira especial para os grupos máis desfavorecidos-, primar a calidade das obras sobre o prezo e fortalecer o sector. O deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas, que estivo acompañado na xuntanza do xefe de servizo da área, Luís Jaime Rodríguez Fernández, fixo especial fincapé en que os novos pregos supoñen un modelo de renovación da contratación por parte das institucións.

Os pregos foron aprobadso despois de meses de intenso traballo e diálogo cos axentes implicados e cos grupos políticos representados na Corporación, o pleno da Deputación da Coruña deu este venres luz verde, con apoio unánime de todos os grupos políticos, a unha modificación histórica dos pregos de contratación que suporán importantes melloras para a dinamización económica e laboral no sector e tamén no desenvolvemento xeral nunha situación económica e social tan grave como a actual.

As modificacións, segundo explicou, suporán importantes beneficios para as empresas adxudicatarias, que verán axilizado o proceso de contratación cunha importante redución da documentación necesaria. "A contratación debe ser un mecanismo para colaborar co mercado de traballo, pero nunca para limitar ou ralentizar ese mesmo mercado", dixo o deputado.

Na xuntanza transmitiu tamén as modificacións na fórmula de cálculo para baixas temerarias que busca unha maior xustiza na asignación das licitacións e teñen como referente o orzamento medio dos proxectos presentados e elimínanse as garantías financeiras que obrigaban ás empresas a ter depósitos de seguridade en entidades financeiras, o que reverterá na mellora das contas do sector.

Neste sentido, explicou que esas limitacións favorecían as entidades financeiras mentres, con estes cambios, consíguese que revertan nas propias empresas co obxectivo de promover a economía circular. Da mesma maneira, elimínase a puntuación por rematar antes do prazo fixado o que supuña premiar a aceleración do proceso de desenvolvemento dos proxectos.

En canto ás cuestións técnicas dos novos contratos, a partir de agora, estableceranse os elementos que non poden ser subcontratados e o mínimo persoal de obra, ademais de reducir ampliamente a documentación requirida, que practicamente se reduce á metade. As reformas inclúen tamén novidades que melloran o coidado e a conservación medioambiental.

O deputado de Contratación e Patrimonio destacou tamén o carácter social das modificacións, que supoñen un avance histórico e fan que estes novos pregos poidan converterse en modelo para outras institucións que aposten por responder ás necesidades e urxencias sociais. Transmitiulle ao persoal técnico e político dos concellos a responsabilidade das administracións á hora de axilizar a contratación, reducir os prazos, aumentar a execución e poñer a economía ao servizo da sociedade.

Xosé Luís Penas destacou tamén as melloras sociais dos novos pregos, de maneira especial, na mellora da estabilidade do emprego, a promoción da contratación de mulleres ou o a realización de plans de formación para a contratación de sectores máis desfavorecidos, de maneira especial, á mocidade, maiores de 55 anos e persoas que estean a percibir a Renda Mínima Vital. Os pregos establecen tamén indicacións para potenciar medidas de conciliación familiar.
 

O deputado do BNG, Xosé Luís Penas, explicou a persoal técnico e político as modificacións encamiñadas á dinamizar a economía e promover o emprego