A DEPUTACIÓN PORÁ EN MARCHA UN PROXECTO DE SINALIZACIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE NESE ESPAZO NATURAL CARNOTÉS E ESTUDARÁ A PROPOSTA DE CERTIFICALO COMO DESTINO DE TURISMO CIENTÍFICO OBSERVER

Xosé Regueira ve necesario ordenar e poñer en valor o Monte Pindo como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado

undefined
Regueira, na súa xuntanza cos alcaldes de Dumbría e Carnota e coa técnica de turismo carnotá
"O propio Monte Pindo e a fervenza do Ézaro son recursos paisaxísticos mundialmente coñecidos, polo que, ademais da sinalización e da mellora da seguridade, tamén vemos necesario ordenar o acceso de cara a evitar unha presión excesiva sobre estes recursos naturais”, afirmou o vicepresidente provincial.
Xosé Regueira ve necesario ordenar e poñer en valor o Monte Pindo como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, acordou esta mañá cos concellos de Mazaricos, Dumbría e Carnota poñer en marcha un proxecto de sinalización e mellora de seguridade no Monte Pindo e propoñer este espazo para a certificación como destino de turismo científico Observer. Este acordo foi tomado nun encontro no que participaron tamén o alcalde e a técnica de Turismo de Carnota, Juan Manuel Saborido e María Lago, e o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño. 

O obxectivo fundamental do proxecto é a sinalización e mellora da seguridade do Monte Pindo coa finalidade de evitar situacións de visitantes que se extravían nesa contorna, máis tamén a mellora da calidade turística do espazo. “Temos que ter en conta que o Monte Pindo é un recurso de primeira orde tanto da provincia como de toda Galiza, cunha compoñente xeolóxica moi potente e cunha tradición oral e unha mitoloxía riquísimas, que cómpre ordenar e poñer en valor como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado” asegurou Xosé Regueira tras a xuntanza.

O vicepresidente tamén indica que “o propio Monte Pindo xunto coa fervenza do Ézaro é un recurso paisaxístico mundialmente coñecido, polo que ademais da sinalización e da mellora da seguridade tamén vemos necesario ordenar o acceso de cara a evitar unha presión excesiva sobre estes recursos naturais”. 

Xosé Regueira explicou que o proxecto inicial presentado polos tres concellos está tecnicamente moi ben desañado, recollendo a localización dos servizos e mesmo incluíndo propostas de contidos para a web e indicacións con innovacións para a mellora dos percorridos. Neste sentido, o vicepresidente indicou que tras este traballo inicial se estudará a posibilidade de introducir parámetros que incrementen a calidade da experiencia de destino, a seguridade do visitante, e que permita xerar ingresos destinados a protexer e ordenar o acceso a este espazo natural. Por último, durante a xuntanza tamén se acordou marcar un prazo ata xaneiro de 2022 para avanzar na tramitación administrativa do proxecto e posteriormente comezar a escalar as diferentes fases.

Xosé Regueira ve necesario ordenar e poñer en valor o Monte Pindo como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado