Vídeo fórum "Conquista os elementos" este xoves na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña
A área de Igualdade da Deputación da Coruña promove o programa para visibilizar ás mulleres deportistas.
Coa participación da xornalista Silvia Carregal, a investigadora e especialista en deporte feminino Cristina López Villar e o adestrador do equipo feminino R.C. Deportivo, Manuel Sánchez, o vídeo forum Conquista os elementos celebrarase este xoves día 19 de xullo ás 19 horas na Casa Museo Casares Quiroga (R/ Panaderas 12) en A Coruña.
A campaña de difusión e visibilización do deporte feminino Conquista os elementos, que promove a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, ten como obxectivo, segundo a deputada Ánxela Franco, "romper barreiras e superar obstáculos para a igualdade".
O programa chega agora á Coruña despois de visitar distintos concellos da provincia desde o pasado mes de setembro que botou a andar coa proxección do documental e o debate no que participaron arredor de cincuenta persoas, entre elas numerosas deportistas como as xogadoras de fútbol como Nerea Carballo, Vero Boquete e Iris Arnaiz; as atletas Laura Delgado e Alejandra Carro, a xogadora de kayak Polo, Mercedes Blanco; o adestrador de baloncesto Adrian Dios; ou a ximnasta, Thais Pazos.