NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A transmisión da lingua, xornada na Deputación

A segunda sesión do programa 'Malas linguas' abordará a cuestión da transmisión familiar da lingua.

A transmisión da lingua, xornada na Deputación

A poeta Luz Fandiño, a psiquiatra Iria Veiga, a psicopedagoga Iria García Martínez, o escritor Marcos Abalde, e os profesores Antonio Míguez Macho e Encarna Otero son os convidados á segunda sesión do programa Malas linguas: activando falantes para o século XXI, organizado pola Deputación da Coruña, que se celebrará o día 29 na sede da Deputación.

 

Baixo o título Lingua e memoria: Transmisión familiar da lingua, a xornada incluirá un encontro do persoal dos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos.

 

A segunda das xornadas celébrase despois de que no pasado mes de outubro se desenvolvera o primeiro dos encontros no Pazo de Mariñán, centrado  no impacto das políticas de normalización galego das últimas décadas. Persoas vinculadas aos servizos de Normalización Lingüística dos concellos, así como do ámbito da docencia, déronse cita para compartir mesas de reflexión, experiencias de vida e un espazo colectivo de participación, nos que se revisou a lexitimidade das políticas de normalización e os argumentarios sobre os que se sustentan.

 

Tralo segundo encontro, o próximo 29 de novembro, as xornadas Malas linguas continuarán en 2019 ao longo de dúas datas máis, nas que se tratarán os temas Mocidade e transmisión non familiar da lingua (1 de marzo de 2019, Santiago de Compostela) e Lingua e xéneros (12 de abril de 2019, A Coruña).

A transmisión da lingua, xornada na Deputación