Pola democratización das políticas culturais

A cultura é un dereito. Debate en Mariñán (2)
"A cultura é un dereito". Debate en Mariñán.

“A Cultura é un Dereito” que botou a andar este mércores 25 de abril no Pazo de Mariñán.

Pola democratización das políticas culturais

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei,  presentou a primeira das xornadas que compoñen o programa A Cultura é un Dereito acompañada de Alberto García, presidente da AGPXC.

 

A xornada contou coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con preto de 20 persoas relatoras do sector e máis de 130 asistentes procedentes do  ámbito educativo e profesional (público, asociativo e privado), onde ademais de se amosar experiencias, iniciativas e boas prácticas en xestión cultural, serviu para reflexionar sobre o modelo de cultura que debe garantir a administración

 

O asociacionismo que dinamizou e dinamiza a cultura galega foi un dos temas centrais da xornada que, ademais do debate e da presentación de propostas, serviu para presentar proxectos con forte implicación social.  As accións enmarcadas dentro deste plan de traballo da Deputación queren ser un chamamento a repensar o momento actual das políticas públicas respecto da Cultura lembrando que, máis alá, da importancia na dinamización económica, a cultura é, sobre todo, un dereito de todas as persoas. 

 

A Cultura é un Dereito" inicia a así a súa andaina no Pazo de Mariñán co programa Cultura e Sociedade en Galiza: Iniciativas e Experiencias para pasar logo ao Teatro Colón da Coruña que será o escenario das outras dúas xornadas que xirarán arredor das Mulleres e Música o 19 de maio, e A Escena galega no palco do Colón. Os procesos de creación nas artes escénicas na Galiza do século XXI que terá lugar o vindeiro día 9 de xuño.

Pola democratización das políticas culturais