Máis criterios sociais nos novos pregos de contratación

0. Pleno na Deputación o 15 de setembro (6)
Xesús Soto, nun pleno da Deputación o pasado setembro.

Favorecerán a participación das pequenas e medianas empresas nos concursos.

Máis criterios sociais nos novos pregos de contratación

A condición transversal dos criterios sociais, a simplificación da documentación, o control da calidade do emprego, a contratación de persoas desempregadas ou a presenza de mulleres no cadro de persoal das empresas son algúns dos criterios que a Deputación engade aos novos pregos de contratación adaptados á nova Lei de Contratos.

 

Os pregos irán a pleno mañá despois dun proceso de encontros con asociacións sindicais e empresariais por parte do deputado de Contratación, Xesús Soto.

 

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, destaca que os novos pregos “incrementan a relevancia dos criterios sociais e contribuirán a que as empresas ofrezan emprego de calidade, comprometéndoas a que cumpran coas súas obrigas laborais e de seguridade social en aspectos claves como o cumprimento dos convenios, os pagos de salarios e demais obrigas coas persoas traballadoras”. En canto á xestión dos propios contratos, a apostan é pola simplificación da documentación a presentar coa ampliación de posibilidades en canto aos medios para acreditar a solvencia económica, financieira e técnica co obxectivo de facilitar o acceso ás licitacións das pequenas e medianas empresas.

Máis criterios sociais nos novos pregos de contratación