Goretti Sanmartín reclama a gratuidade das visitas ao Pórtico da Gloria

Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña.

A vicepresidenta da Deputación demandou "que a entrada para ver o Pórtico da Gloria sexa gratuíta, cando menos, para as persoas residentes en Santiago".

Goretti Sanmartín reclama a gratuidade das visitas ao Pórtico da Gloria

A poucos días de que se peche o período de visitas gratuítas ao Pórtico da Gloria despois da súa restauración, Goretti Sanmartín, dixo esta mañá, durante a súa intervención na presentación da xornada da Semana do Patrimonio Invisíbel, que é preciso "abrir espazos pechados, conquistar o territorio, recuperar a memoria e facer visíbel o invisíbel",  co obxectivo de, segundo apuntou, "mudar o modelo de turismo, de poñer en valor o noso patrimonio e mesmo de vivir a cidade".

 

A nacionalista, que encabezará a lista do BNG nas municipais do ano próximo en Compostela, explicou que se "queremos facer visíbel o patrimonio invisíbel mais non podemos permitir que o máis visíbel se faga invisíbel para quen o ten máis próximo", antes de pedir "que a entrada para ver o Pórtico da Gloria sexa gratuíta, cando menos, para as persoas residentes en Santiago".

 

Destacou tamén que son moitas as persoas residentes en Santiago de Compostela que a poucos días de que se peche a entrada, non conseguiron poder acceder ao emblema do patrimonio catedralicio dado que "as longas filas deste tempo en que se detectan o maior número de turistas do ano fixeron que moitas persoas que traballan no verán non tiveran oportunidade de pasar esas horas que foron imprescindíbeis para ver a principal obra de Mestre Mateo, unha das pezas claves do románico mundial". Apostou Goretti Sanmartín por mudar "o modelo de turismo que chega a Santiago, visita dúas rúas e a catedral e marcha" para outro sostíbel.

Goretti Sanmartín reclama a gratuidade das visitas ao Pórtico da Gloria