En apoio do 'Galego sen fronteiras' e a 'Primavera das Letras'

Goretti Sanmartín con Víctor Freixanes, presidente da RAG.
Goretti Sanmartín con Víctor Freixanes, presidente da RAG.

A Deputación da Coruña subvenciona diversos proxectos da Real Academia Galega para o estudo e promoción do idioma.

En apoio do 'Galego sen fronteiras' e a 'Primavera das Letras'

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei e o presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, asinaron a principios de mes o acordo polo que  a Deputación da Coruña achega 50.000 euros que se destinan, entre outras iniciativas, á celebración dos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, por cuxas aulas pasan cada verán ducias de estudantes procedentes de todo o mundo para mergullárense no idioma do país. Ao aveiro deste convenio, a Deputación da Coruña apoia tamén a continuación do proxecto sobre prácticas lingüísticas na infancia en diferentes contextos de socialización, un traballo que está a desenvolver o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. O proxecto Primavera das Letras, que fornece o alumnado de infantil e primaria de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, e diversas publicacións son outras das acción desenvolvidas pola Real Academia Galega que reciben financamiento da Deputación da Coruña.

 

Goretti Sanmartín, destacou o compromiso da institución "coa promoción e difusión da lingua galega, en especial nas xeracións máis novas, que son  as que teñen que garantir e afortalar o camiño cara a normalización lingüística". 

En apoio do 'Galego sen fronteiras' e a 'Primavera das Letras'