As deputadas da oposición rexeitan o machismo de Feixóo no Parlamento

Imaxe do Parlamento de Galiza durante unha das sesións desta semana.
Imaxe do Parlamento de Galiza durante unha das sesións desta semana.

Este é o comunicado conxunto das deputadas do BNG, En Marea e PSdG en resposta á expresión 'machista' do presidente da Xunta a Ana Pontón.

As deputadas da oposición rexeitan o machismo de Feixóo no Parlamento

«As deputadas dos grupos parlamentares do BNG, En Marea e PSdG queremos expresar que nos sentimos indignadas, como mulleres, despois da expresión machista usada polo Presidente da Xunta de Galiza: “ A señora Pontón está moi necesitada”. Unha frase inaceptábel que nos humilla a todas e nos ofende, máxime cando se pronuncia polo presidente nunha sesión institucional do Pleno do Parlamento que representa aos galegas e galegas. Ante o machismo non podemos calar, nin pasar páxina como senón pasara nada. O mínimo tería sido unha desculpa pública e sincera. O Sr. Feijóo aínda pode emendar o seu erro.

 

A igualdade e o respecto ás mulleres son principios básicos, que están recollidos no noso marco legal e político, pero que se non son aplicados no noso día a día redúcense a papel mollado. No mesmo ano no que as mulleres galegas expresaron a súa inconformidade nas rúas co machismo, as e os representantes das institucións galegas debemos reforzar o noso compromiso a prol da igualdade, a comezar polas nosas propias condutas. 

 

As deputadas asinantes entendemos que o acontecido non pode pasar co noso silencio. As palabras emitidas transcenden, con moito o marco da disputa dialéctica e ofende a todas as mulleres. Pola súa responsabilidade e atribucións políticas e simbólicas, consideramos que o Presidente da Xunta de Galiza nos debe unha desculpa a todas, as que somos deputadas e as que non e así emendar o acontecido que, por desgraza, vai máis alá do excepcional.

 

Santiago de Compostela, 7 de Xuño, 2018.» 

 

DEPUTADAS DO BNG, EN MAREA E PSdG

Magdalena Barahona Martín, Noela Blanco Rodríguez, María de la Concepción Burgo López, Luca Chao Pérez, Ángeles Cuña Bóveda, María Luisa Pierres López, 
Ana Pontón Mondelo, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Paula Quinteiro Araújo, Olalla Rodil Fernández, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Carmen Santos Queiruga, Eva Solla Fernández, María Dolores Toja Suárez, Julia Torregrosa Sañudo, Paula Vázquez Verao e Patricia Vilán Lorenzo.

.

As deputadas da oposición rexeitan o machismo de Feixóo no Parlamento