A Deputación da Coruña anima os concellos a conmemorar o Día de Rosalía

Goretti Sanmartín e Cesareo Sánchez
Goretti Sanmartín e Cesareo Sánchez, presidente da AELGA.

Folletos co texto "Cantarte hei. Manifest(o) Acción no Día de Rosalía" foron xa distribuídos polos 93 concellos.

A Deputación da Coruña anima os concellos a conmemorar o Día de Rosalía

A área de Cultura da Deputación da Coruña anima os concellos a conmemorar o día de Rosalía con actos e, en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) distribúe materiais divulgativos co manifesto escrito pola poeta e xornalista Ana Romaní. Dúas bandeirolas coa imaxe de Rosalía presidirán a fachada da Deputación na semana do aniversario da escritora.

 

Folletos co texto Cantarte hei. Manifest(o) Acción no Día de Rosalía, de Ana Romaní, foron xa distribuídos polos 93 concellos da Coruña por parte da área de Cultura da Deputación, convidando a conmemorar a figura da poeta arredor do 24 de febreiro en que se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal.

 

Con este motivo, o edificio da Deputación da Coruña pendurará na súa fronte as bandeirolas que teñen a Rosalía de Castro como protagonista e anima tamén a partillar das iniciativas promovidas pola AELG que animan a agasallar cun libro en galego e unha flor, ademais da lectura colectiva do manifesto.

A Deputación da Coruña anima os concellos a conmemorar o Día de Rosalía