A Deputación da Coruña anima cantar no inicio do curso escolar

Gala da anterior edición do 'Quero cantar
Gala da anterior edición do 'Quero cantar'.

O 19 de outubro remata o prazo para presentar cancións ao III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar

A Deputación da Coruña anima cantar no inicio do curso escolar

"Nós estamos convencidas de que, máis aló dos galardóns, o principal proveito que obtén a rapazada é a experiencia que adquire durante o proceso creativo e tamén a participación en todas as fases do concurso, de maneira especial na gala do Teatro Colón", dixo Goretti Sanmartín esta mañá na presentación das bases do concurso Quero Cantar. A edición dun disco colectivo; a actuación en directo no teatro Colón da Coruña; a gravación dun videoclip e cantidades económicas de 1500 euros, 1.000 euros e 500 euros son algúns dos premios do concurso Quero Cantar que ten a súa convocatoria aberta a grupos e solistas, con tres premios en cada unha das categorías infantil e xuvenil.

 

As bases poden consultarse na páxina www.querocantar.gal.

A Deputación da Coruña anima cantar no inicio do curso escolar