O BNG anima un plan integral para atender ás persoas refuxiadas con todas as administracións do país

No pleno deste venres, Xosé Regueira explicou o apoio a unha moción de García Seoane sobre as refuxiadas e refuxiados e pediu un plan coa participación de todas as administracións.

O BNG anima un plan integral para atender ás persoas refuxiadas con todas as administracións do país

Alternativa dos Veciños, por medio do seu deputado provincial Ángel García Seoane, presentou esta mañá unha moción para que a Deputación tomase a iniciativa con políticas de apoio ás persoas refuxiadas, vinculando a súa proposición con iniciativas para paliar o despoboamento e o abandono do rural. Aínda que todos os grupos dixeron compartir a análise da situación que fixo García Seoana, só o BNG expresou o seu respaldo rotundo á moción pedindo ademais que se involucrase a outras administracións no desenvolvemento dun plan integral para tratar a porblemática. No debate, e diante da posición do PP que só ve atrancos legais para levar adiante iniciativas políticas no rural, Xosé Regueira incidiu en que un plan integrar, a súa elaboración, non ten que abordar inicialmente este tipo de cuestión, e puxo algúns exemplos, como os recorrentes plans de turismo.

O BNG anima un plan integral para atender ás persoas refuxiadas con todas as administracións do país