Axudar ao máis débil non é discriminar

Malas Linguas
Goretti Sanmartín, coas participantes nas mesas da mañá.

Primeira xornada do programa 'Malas Linguas'. Debates no Pazo de Mariñán. Suso Fernández Acevedo reclama políticas de dsicriminación positiva do galego.

Axudar ao máis débil non é discriminar

A primeira cita das xornadas Malas Linguas empezou cunha constatación. "Non estamos no mesmo lugar nin contexto de hai uns anos, senón padecemos unha ofensiva contra o galego e a súa lexitimidade moi forte; por iso hai que traballar contra os contexto de opresión", advertiu a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. 

 

Na primeira mesa, o profesor e escritor Suso Fernández Acevedo fixo un repaso polos principais rasgos da situación actual do galego na súa relación coas políticas públicas. E propuxo un provocador  cambio de normalización por igualación, facendo referencia a eliminar os privilexios dunha lingua sobre outra. Así mesmo, centrou o debate sobre a lexitimidade das políticas de dsicriminación positiva do galego, tendo en conta que "axudar ao máis débil non é discriminar", planteando o beneficioso que sería que en todos os ámbitos o galego fose utilizado como "lingua por defecto".

 

Pola súa banda, a actriz María Vázquez compartiu a súa relación da lingua desde a súa experiencia profesional e persoal. Despois, na segunda mesa de debate presentáronse as experiencias do proxecto europeo Tosta na voz da entidade vasca Topagunea, a plataforma catalá SomEscola e a galega A Mesa pola Normalización. A xornada da tarde centrase nos discursos sobre o galego, e nela participaron Nel Vidal e Valentina Formoso.

 

A próxima cita de Malas linguas será o próximo 29 de novembro, baixo o título de Lingua e memoria: transmisión familiar da lingua, e estará centrada en explorar a historia do abandono da lingua galega e de que xeito esa interrupción na transmisión chegou ate hoxe.

 

As seguintes dúas xornadas, a celebrar en marzo e abril de 2019, centraranse na relación d alingua coa mocidade e cos xéneros. Pódese consultar o programa completo da primeira xornada de Malas linguas aquí: https://www.dacoruna.gal/normalizacion-linguistica/malas-linguas/
 

Axudar ao máis débil non é discriminar