As artes escénicas a debate desde esta mañá no Colón

As artes escénicas a debate desde esta mañá no Colón

Organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, a xornada A escena galega sobre o palco do Colón. Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI, reúne este sábado a profesionais do ámbito da escenografía galega no transcurso dos diferentes eventos programados no Teatro Colón.

 

"O Teatro Colón ábrese como espazo de confluencia entre as distintas xeracións das artes escénicas nun encontro que agardo deixe pouso e do que nazan novos proxectos", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei que, na súa intervención inicial, botou en falta "ámbitos para a confluencia de distintas xeracións das artes escénicas galegas nas que, ás veces, o diálogo é mínimo, camiñando por liñas paralelas segundo propostas escénicas e mesmo xeracións".

 

Cristina Domínguez, coordinadora da xornada, dixo na presentación desta mañá que é hora de parar de falar sobre políticas culturais ("que é lóxico que o fagamos") e falar tamén "un pouco de nós mesmas como creadoras, dos procesos de creación".

 

Mabel Rivera e Manuel Lourenzo, entre outras, participaron xa nos debates desta mañá, e asistiron ´á primeira das charlas, cos directores Carlos Neira, Daniel Salgado e Carlos Sante.

As artes escénicas a debate desde esta mañá no Colón