A área de Turismo axuda a máis de cincuenta novas contratacións

Xosé Regueira TURISMO
Xosé Regueira.

 Case oitocentos mil euros para a contratación de persoal de turismo dos concellos.

A área de Turismo axuda a máis de cincuenta novas contratacións

Un total de 774.273,73 euros é o orzamento da concesión provisional da liña de axudas para contratación de persoal para oficinas de turismo convocadas pola Deputación da Coruña. 

 

"Esta liña é un eixo fundamental da xestión da área de Turismo da Deputación da Coruña xa que, por unha parte, contribúe á empregabilidade de persoas con formación no sector e, pola outra, é fundamental á hora de profesionalizar a atención turística, coa contratación de persoas especializadas", sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira.

 

Son cincuenta e cinco os concellos de menos de 50.000 habitantes que son beneficiarios desta convocatoria que concede nesta edición até 20.000 euros por municipio segundo a solicitude realizada, o tempo de contratación ou o número de persoas contratadas.  

 

A aposta con esta liña encamíñase cara a profesionalización do sector co financiamento das retribucións do persoal técnico para oficinas de turismo de concellos, por un período mínimo de catro meses, coincidindo coa tempada alta de turismo. 

A área de Turismo axuda a máis de cincuenta novas contratacións