Apoio para a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

Goretti Sanmartín, con Cesáreo Sánchez
Goretti Sanmartín, con Cesáreo Sánchez.

A Deputación da Coruña achega 30.000 euros para a programación da AELG que promociona a obra de autoras e autores galegos.

Apoio para a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

Impulsar a literatura galega, incrementar a visibilización de autores e autoras e apoiar as diferentes actuacións que organiza a AELG ao longo do ano son algunhas das accións ás que contribuirá a achega económica da Deputación da Coruña asinada este xoves pola responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias.

 

O convenio de colaboración polo que a institución provincial apoiará con 30.000 euros servirá para financiar parte das actividades que a entidade desenvolverá durante o 2018 co ánimo de promocionar a literatura galega. Entre elas, as Xornadas de Literatura Dramática, a elaboración dun roteiro pola provincia da Coruña dedicado a un autor ou autora, ou a gravación de diversas entrevistas centradas na literatura de tradición oral. 

 

A AELG representa na actualidade os intereses dun total de 415 escritores e escritoras da literatura galega.

Apoio para a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega