Imprimir

As áreas de Cultura e Igualdade apoian dez novas iniciativas co Concurso Luísa Villalta

BNG | 03 de xaneiro de 2019

Ánxela Franco e Goretti Sanmartín na presentación de 2018.
Ánxela Franco e Goretti Sanmartín na presentación de 2018.

O prazo de presentación de candidaturas será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación no BOP o pasado 26 de decembro.

O concurso Luísa Villalta da Deputación da Coruña está destinado a premiar o desenvolvemento de dez propostas artísticas e iniciativas culturais anuais que promovan socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura. Poderanse presentar proxectos orixinais e inéditos que se desenvolvan parcial ou totalmente ao longo deste ano nos distintos campos artísticos do son, a palabra, a escena as artes plásticas, a imaxe ou outros contornos creativos como arte urbana ou dixital.

 

"Por segunda vez convocamos este concurso que quere ser unha proposta transversal para favorecer proxectos relacionados coa igualdade das mulleres desde o ámbito da cultura, liña para nós fundamental que responde a un traballo que xa existe por parte de colectivos ou persoas que levan anos afondando nesta perspectiva", destaca a deputada de Igualdade, Ánxela Franco.

 

Poderán presentarse proxectos que se inicien no ano 2018 e finalicen antes do 31 de marzo de 2020 e deberán referirse a campos artísticos como o son, a palabra, a escena, as artes plásticas, a imaxe ou outros contornos creativos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/areas-cultura-igualdade-apoian-dez-novas-iniciativas-co-concurso-luisa-villalta/20190103221209001373.html


© 2019 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal