A Xunta pro Devolución solicita á Xunta que actúe diante do anuncio de venda do Pazo de Meirás

Á reunión asistiron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, o alcalde e concelleiros de Sada, Benito Portela e Francisco Montouto e o concelleiro da Coruña, José Manuel Sande ademais de Marilar Aleixandre pola Real Academia Galega, Ernesto Vázquez Rey Farto pola Iniciativa Galega pola Memoria, Fernando Souto, pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; Emilio Grandío e Xabier Ferreira, autores dos informes histórico e xurídico encargados pola Deputación da Coruña, Xulia Santiso pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán e os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez, especialista en historia do Pazo de Meirás.

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás solicitaralle á Xunta que impugne a eventual operación de venda da propiedade por parte da familia Franco

A Xunta pro Devolución solicita á Xunta que actúe diante do anuncio de venda do Pazo de Meirás

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reuniuse hoxe na sede da Deputación da Coruña co fin de avaliar a nova situación creada despois da manifesta intención do neto de vender a propiedade para eludir o proceso de recuperación como ben público. Desde a Xunta pro Devolución ínstase ás institucións a iniciar de maneira urxente o proceso xudicial para a recuperación do inmoble e, en concreto, solicítaselle ao goberno do Estado que inicie a demanda civil para reclamar a propiedade no xulgado de Betanzos e inscriba, de maneira inmediata, o Pazo no rexistro da propiedade. Ademais, insta aos gobernos do Estado e a Xunta a que se poñan de acordo de maneira inmediata e ofreceron á Deputación como sede para un encontro co fin de iniciar un camiño conxunto nun momento que cualificaron de "excepcionalidade extrema".

O profesor da Universidade de Santiago e responsable do informe xurídico, Xabier Ferreira, asistiu á Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e defendeu a necesidade de que, con carácter de urxencia, as institucións implicadas activen a demanda para a recuperación do Pazo de Meirás xa que o paso do tempo está permitindo que a familia opere para intentar blindar a propiedade. Lembrou que o informe indica que é o goberno central o máis acaído para iniciar a reclamación xa que a finca funcionaba como casa oficial de verán do Xefe do Estado, mais defendeu tamén a posibilidade de que a propia Xunta tome algunha iniciativa por se tratar dun Ben de Interese Cultural.