O pleno gardou un minuto de silencio en memoria dos mariñeiros mortos no mar

Minuto de silencio onte no pleno, o último do ano na Depurtación.
Minuto de silencio onte no pleno, o último do ano na Depurtación.

A Deputación insta á Xunta a dotar aos concellos de orzamento para cumprir a Lei de Benestar Animal.

O pleno gardou un minuto de silencio en memoria dos mariñeiros mortos no mar

A Deputación da Coruña iniciou onte o último pleno ordinario do ano gardando un minuto de silencio polos mariñeiros mortos nos sinistros acontecidos no mar de Fisterra e Malpica. 

 

O pleno aprobou, entre outras iniciativas, unha moción encamiñada a demandar á Xunta unha maior dotación orzamentaria para os concellos co obxecto de cumprir a Lei de Benestar Animal. Cos votos a favor do PSdG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños e Compostela Aberta, o pleno acordou unha moción encamiñada a instar á Xunta a dotar aos concellos de orzamento suficiente para o cumprimento da Lei de Benestar Animal, asumindo a súa parte de responsabilidade na elaboración e aplicación do texto normativo. A iniciativa sinala que o orzamento da Xunta de Galicia destinado en 2019 para o cumprimento da Lei é insuficiente e contrasta co esforzos que a Deputación fixo coa convocatoria de axudas para refuxios de animais, dispoñendo de 150.000 euros e mesmo co traballo de certos concellos na recollida, prevención, adopción ou fomento da xestión de colonias de gatos ferais. No pleno todos os grupos se mostraron a favor da moción e defenderon a necesidade de maior dotación orzamentaria para os concellos que estaban a asumir agás o PP que aludiu á vontade da Xunta para avanzar na liña de colaboración coa Deputación e os Concellos e a necesidade de que estes se involucren máis na mellora das canceiras.