O pleno da Deputación, en apoio de Poligal

Pleno deste venres na Deputación.
Pleno deste venres na Deputación.

O pleno da Deputación acordou na sesión deste venres 1 de marzo unha declaración na que solicita á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Industria o seu compromiso para unha solución en Poligal-Narón.

O pleno da Deputación, en apoio de Poligal

O pleno da Deputación manifesta "o seu rexeitamento ao pecha da factoría Poligal-Narón", sinala a declaración, e engade que se esixe ao grupo industrial "o mantemento da actividade" e solicita da Xunta de Galiza e do Ministerio de Industria (as dúas administración que viñan subvencionando a Poligal) que se comprometan na solución deste conflito "que necesariamente pasa polo normal funcionamento do centro de traballo de Narón e o mantemento do seu cadro de persoal".

 

Traballadores de Poligal mostraron unha faixa desde a tribuna do público e un representante deles falou diante do pleno para explicar a situación do plantel.