POS+ 2018

Os municipios coruñeses financiarán este ano 402 obras con cargo ao Plan Único

Xosé Regueira e Goretti Sanmartín no pleno 16.05.18 (2)
Xosé Regueira e Goretti Sanmartín, antes do pleno deste mércores.

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 67,6 millóns. O 64% dos fondos destínanse a investimentos, o 27% a financiar o gasto corrente dos servizos municipais e o 8% a reducir débeda e sanear as economías municipais.

Os municipios coruñeses financiarán este ano 402 obras con cargo ao Plan Único

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, os investimentos incluídos no Plan Único (POS+ 2018), que este ano ascenden a 67.666.441,67 euros.

 

ESFORZO DO PERSOAL TÉCNICO
Xosé Regueira, deputado do BNG e responsábel da área de Plans Provinciais
, agradeceu o traballo realizado polos concellos e os funcionarios da Deputación para aprobar o Plan Único 2018 cun mes de adianto con respecto ao ano pasado e considerou que suporá “un incremento importante da obra pública na provincia”. Regueira tamén agradeceu aos concellos que tiveran traballado xunto a Deputación para axilizar a posta en marcha do Plan, e subliñou que case dous terzos dos fondos aprobados hoxe (43,3 millóns de euros) destinaranse a financiar a execución de 402 obras que contribuirán a renovar as infraestruturas en 92 dos 93 concellos coruñeses.

 

Diante das dúbidas do PP respecto de que este plan supoña un adianto considerábel de tempo, Regueira indicou que con anterioridade ao 2017, acordábase un plan de inversión a principios de ano e seguíanse aprobando plans o resto do ano, e que unha das virtudes do POS+ está en concentrar o investimento nun único plan que só precisa dunha tramitación e dunha aprobación.  

 

Xosé Souto e Ánxela Franco no pleno do 16.05.18 (1)ADAPTACIÓN DOS PREGOS
Desde a bancada do Partido Popular cuestionouse tamén durante o debate previo á votación o procedemento para elaborar os novos pregos de contratación. Na súa resposta as queixas dos populares, o deputado do BNG e responsábel de Contratación, Xesús Soto, lembrou que se falara con todos os axentes afectados e cos diferentes grupos da oposición. Soto explicou ademais que que os documentos "adáptanse plenamente ao aprobado en Madrid" polo Goberno central.

 

GASTO CORRENTE E DÉBEDA
Ademais deses cae dous terzos (o 64%) para o financiamento da execución de 402 obras, o POS+2018 destina este ano o 27% dos seus fondos (18,4 millóns de euros) a axudar a 83 concellos da provincia no sostemento do seu gasto corrente, o que supón financiar os recursos humanos e materiais necesarios para o adecuado funcionamento dos servizos públicos. Grazas a estas axudas, os municipios coruñeses sufragarán gastos que inclúen dende servizos como a axuda no fogar, as escolas infantís ou a recollida de lixo ata cuestións fundamentais como o mantemento do alumeado e de parques e espazos públicos.

 

E máis de 5,3 millóns de euros, o 8% do total dos fondos do Plan Único aprobados hoxe, contribuirán a seguir reducindo a débeda con empresas e entidades financeiras dos concellos coruñeses. Trinta e dous concellos coruñeses amortizarán este ano 4.082.553 euros da súa débeda con entidades financieiras grazas ao Plan Único. Por outra banda, 17 concellos destinarán este ano 1.275.586 euros das súas achegas do Plan Único 2018 ao pago de facturas pendentes, o que contribuirá a reducir o período medio de pago a provedores dos municipios coruñeses. 

 

O Plan Único de Concellos (POS+ 2018) ofrece aos concellos maior autonomía e flexibilidade á hora de decidir en que investir os recursos asignados pola Deputación, dando resposta á situación e necesidades concretas de cada municipio. 
 

Os municipios coruñeses financiarán este ano 402 obras con cargo ao Plan Único