A ludoteca María Miramontes, a obra de Carlos Maside e o Auditorio de Galiza, consolidan a colaboración co concello de Compostela

Goretti Sanmartín, cos representantes de Compostela Aberta.
Goretti Sanmartín, cos representantes de Compostela Aberta.

O espazo de ocio e de lecer María Miramontes das Fontiñas será realidade neste mes de decembro.

A ludoteca María Miramontes, a obra de Carlos Maside e o Auditorio de Galiza, consolidan a colaboración co concello de Compostela

O Espazo de Ocio e de Lecer María Miramontes abrirá este mesmo mes nas Fontiñas cunha superficie construída de máis de mil metros cadrados e co obxectivo de contribuír á conciliación da vida laboral e familiar para nais e pais de nenos e nenas de 2 a 12 anos. A achega da Deputación da Coruña é de 83.432 euros, o que representa unha porcentaxe do 57,7 % do total do orzamento. A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinaron tres convenios de colaboración por unha cantidade de 506.796 euros que fan realidade dous proxectos importantes para a cidade como son a posta en marcha da ludoteca das Fontiñas, a adquisición dunha importante colección da obra de Carlos Maside ademais da colaboración no programa cultural do Auditorio de Galicia.

 

Por medio do convenio para comprar o legado Maside e expoñelo en Santiago de Compostela, a Deputación achega de 215.000 euros para a compra da colección de Carlos Maside, un importante legado que supón unha "autoantoloxía" e o "testamento pictórico" dun dos máis relevantes artistas do século XX e que permanecerá na cidade en que o artista tivo o seu estudio.

 

En canto ao acordo para actividades culturais do Auditorio de Galicia, a Deputación achega 208.000 euros para financiar o 80% do orzamento total.