A Deputación formará aos técnicos dos concellos na licitación electrónica de contratos

formación(1)
Xornada de formación na sede da Deputación. Imaxe de arquivo.

A nova lei de Contratos obriga aos concellos a tramitar electronicamente os contratos de obras do POS e restantes plans provinciais

A Deputación formará aos técnicos dos concellos na licitación electrónica de contratos

A área de Formación da Deputación da Coruña organizará un total de cinco xornadas formativas, entre os meses de xuño e xullo, co obxectivo de formar ao persoal técnico dos concellos no novo, e obrigatorio, proceso de licitación electrónica de contratos municipais. O deputado e responsábel da área de Contratación da Deputación da Coruña, Xesús Soto, cualificou  este ciclo formativo como "unha medida necesaria cun curso que dá resposta á demanda de boa parte dos concellos que asisten a esta nova imposición legal por parte do Estado conc erta expectación, e tamén preocupación".

 

A nova lei de Contratos marca un cambio drástico nas licitacións dos procesos de contratación administartiva, implementando de xeito obrigatorio a licitación electrónica en todos aqueles contratos que non teñen a consideración xurídica de Contratos Menores, o que afecta a todas as obras municipais que integran o POS e outros plans provinciais que teñen que ser licitados electronicamente obrigatoriamente.

 

Entre o 26 de xuño e o 17 de xullo 

No edificio do IES Calvo Sotelo desenvolverase en cinco datas diferentes -26 de xuño, 5, 10, 12 e 17 de xullo- un curso práctico en que o persoal técnico e responsables municipais poderán coñecer as principais características e o funcionamento da Plataforma de Contratos do Sector Público, como proceder na  xestión dos órganos de asistencia, ou cal é o funcionamento dos novos modelos de licitación, publicación ou envío de comunicacións e resolucións.

A Deputación formará aos técnicos dos concellos na licitación electrónica de contratos